En marzo pasado o Consello Galego aprobaba o Memorando de entendemento da Alianza Galega polo clima, no que Galicia quería ser un exemplo de alianzas na loita contra a emerxencia climática.
Durante estes meses foron moitas as empresas que mostraron o seu interese en asinalo e este luns, na Cidade da Cultura de Galicia reuníanse nunha mais que impresionante mesa redonda para facelo.
O sabio sustentable foi o mestre de cerimonias dun evento organizado pola Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda coa colaboración de Comparte Marketing Social. Ángeles Vazquez Mejuto, a conselleira, fixo un percorrido por todo o traballo realizado polos distintos gobernos de Galicia polo clima e puxo en valor o traballo conxunto para o éxito acadado. Ela alabou o traballo realizado por todas as entidades de Galicia «sodes a clara demostración de que os axentes económicos e sociais de Galicia queren achegar medidas para facer fronte o quencemento global»
A Xunta leva anos impulsando a acción climática coa que situar a Galicia no estandarte das rexións activas na mitigación dos efectos do cambio climático, desde diversas vertentes. No ámbito normativo, aprobou a Lei de Residuos, que se completará coa primeira Lei do Clima de Galicia, e no ámbito operativo, redactou a Estratexia de Economía Circular é o coordinador na Comunidade do Pacto dos Alcaldes e tamén aprobou a Estratexia de Cambio Climática onde está incluído o impulso a esta alianza.
En canto aos datos de emisións, para o mesmo período de referencia, entre 1990 e 2020 a redución no conxunto de España foi dun 5,3%, unha diferenza de máis de 30 puntos con respecto ao territorio galego. Galicia é unha das tres comunidades autónomas que máis diminuíu as súas emisións respecto a 1990 e, de feito, o seu peso no total de emisións do Estado foi diminuíndo ao longo da serie histórica, pasando de representar en 1990 o 10% do total , para 8.1% en 2005 e agora en 2020 un 6,8%.
En 2020 emitíronse en Galicia 18,60 millóns de toneladas de CO2, o que supuxo unha redución de 2,97 millóns respecto ao ano anterior. A variación interanual representa unha diminución do 13,8%; en España supuxo un 12,5%.
Debemos seguir traballando entre todos para continuar mellorando os datos, isto e responsabilidade de todos e todas os cidadáns de Galicia non solo do Goberno de Galicia. A implicación tamén das empresas, das empresas da economía social, das entidades asociativas, autoridades portuarias, da universidade. Todas as persoas e todas as entidades son clave para cambiar o modelo económico que nos levou a esta emerxencia climática.
O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, explicou que formar parte desta sinatura supón asumir as liñas estratéxicas que cada ano se irán marcando, ademais dunha serie de deberes, como: establecer accións dirixidas á mitigación do cambio climático en Galicia; ou fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre esta materia; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima; ou impulsar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisiones.
A Alianza é un pacto aberto ao que poderán adherirse todas aquelas entidades que o desexen, xuntos os resultados serán mellores. Cada persoa individualmente ten moito que aportar e, moitos de vos, o facedes. Industrias galegas o fan cando modifican o seus modelos de produción para facelos mais eficientes e sustentables, as universidades cando investigan e deseñan sistemas para favorecer esa produción respectuosa co medio; e fano as empresas que optan por produtos máis sostibles e ecolóxicos ou que desenvolven tecnoloxía que mellora e preserva a contorna.
Artículo redactado para la sección «Consejo de sabios» del programa «Un café con Eva» del jueves 9 de junio de 2022. Puedes escuchar el programa aquí (en los 20 minutos finales de la tercera parte del PODCAST escucharas la sección).