
Neste enlace podes acceder ao formulario de inscripción.
O lixo: Unha grave consecuencia da actual sociedade de consumo.
Na sociedade actual, o aumento desmesurado e acelerado do consumo está a incrementar a producción de lixo de xeito continuado.
En Galicia producimos arredor de 1,3 millóns de toneladas de lixo cada ano das que a fracción da materia orgánica representa case a metade, sendo estes restos biodegradables os que poderíamos compostar.

A COMPOSTAXE: UNHA NOVA VIDA PARA A MATERIA ORGÁNICA

A compostaxe é, sen dúbida algunha, a alternativa máis eficaz para reducir os custos ambientais e económicos da xestión dos nosos biorresiduos urbanos.
Este sistema permite o aproveitamento do compost nos lugares onde se xenera o residuo polo que nos axuda a manter a biodiversidade do noso xardín ou a produción da nosa horta.
CONTEDOR MARRÓN: UNHA SOLUCIÓN PARA ZONAS URBANAS

En moitas zonas urbanas, onde non é posible a instalación de composteiros individuais ou illas de compostaxe colectivas a solución é contenedor marrón.
Son moitos os concellos que elixiron este modelo no que o biorresiduo tamén se comoposta. Este proceso de compostace é en plantas. O compost lévase despois a explotacións gandeiras ou agrarías. Estamos a contribuir tamén coa biodiversidade e a protección do solo.
AS CINCO FRACCIÓNS DO LIXO NO TEU CONCELLO





Recorda que tamén tes dispoñibles mais servizos no teu concello, como o punto limpo, ao que debes levar residuos voluminosos ou aparatos eléctricos e electrónicos que non uses. Tamén podes encontrar contedores de cor naranxa para os aceires de cociña usados ou contedores de pilas en moitos lugares.